Sunday 05 de May de 2024

Curso de xénero e educación non formal en Camariñas


O Concello de Camariñas xunto coa Deputación da Coruña e Aventeira organiza o Curso de Xénero e Educación non formal.

Trátase dun curso de formación para monitorado en tempo libre que se realizará ao longo de dúas sesións.

1ª SESIÓN
10 de decembro
16:00h. – 20:30h.
Centro de iniciativas

2ª SESIÓN
11 de decembro
10:00h. – 14:00h.
Centro de iniciativas

Podes reservar a túa praza mandando un mail a igualdade@camariñas.net